Aega S.L.  é unha empresa ubicada en Porriño (Pontevedra), que conta cunha dilatada experiencia en enxeñería, instalación, mantemento e automatización industrial.

 

Derivado dun profundo coñecemento e experiencia, ofrece solucións integrais que abarcan dende o estudo e deseño de instalacións, execuciónde obras  e posta en marcha, ata a oferta de instalacións ou proxectos ·chave en man·.

 

En automatización Aega desenvolve, asesora e implanta solucións globais, en distintos ámbitos e procesos.

 

 

 

 

Aega aposta decisivamente pola calidade, entendida como unha exixencia interna, un compromiso fronte aos clientes e un elemento determinante da competitividade.

 

Proba deso é a implantación de un sistema de calidade "ISO 9001:2001", así coma un estricto seguemento e control do "Plan de prevención de riscos laborais" que posuímos.