AEGA aposta decisivamente pola calidade, entendida como unha esixencia interna, un compromiso fronte aos clientes e un elemento determinante da competitividade. Proba delo é a implantación dun sistema de calidade “ISO 9001:2008”, "ISO:14001:2004", así como un estrito seguimento e control do “Plan de prevención de riscos laborais” que posuímos.

 

Pode consultar a certificación expedida pola empresa BUREAU VERITAS o 30 de setembro de 2.003, con validez ata o 28 de xullo de 2009, no que certifica que o Sistema de Organización de AEGA foi auditado e atópase conforme  coas esixencias da norma para os conceptos “Deseño e instalación de sistemas eléctricos e electrónicos”. 

 


 

 

VALORES

 

  A experienza demostrounos a importancia das relacións humás. Por iso, AEGA  desenvolveu un decálogo de responsabilidade empresarial:

  

 

  • Compromiso e paixón polo noso traballo
  • Responsabilidade laboral
  • Creatividade
  • Innovación
  • Os nosos clientes son os nosos principais colaboradores
  • Respeto polas persoas e a súa calidade de vida
  • Respeto polo medioambente e os seus activos
  • Transparencia, fidelidade e axilidade
  • Dispoñibilidade
  • O mellor produto sempre procede do mellor proceso